Unha vez celebrada a Xunta de Accionistas do Real Club Deportivo, desde o equipo de A Branquiazul queremos transmitir o noso enorme agradecemento a todos os accionistas e Deportivistas que creron no noso proxecto e nos amosaron o seu apoio durante todo o proceso de elección do novo Consello de Administración.

Queremos darlle as grazas tamén a todo o persoal do Clube, que sempre nos puxo facilidades no necesario para poder desenvolver o noso traballo, e aos medios de comunicación, por un trato sempre próximo e profesional connosco.

Pechamos esta candidatura orgullosos de formar un equipo solvente de grandes persoas e dos vínculos que temos creado entre nós. Estes vínculos pervivirán no tempo, do mesmo xeito que a esencia e as ideas de A Branquiazul, que cremos máis necesarias que nunca.

Así mesmo, queremos desexarlle sorte e acerto ao novo Consello e poñemos a disposición do Real Club Deportivo todo o proxecto e programa institucional e da área deportiva elaborado pola nosa candidatura, un plan traballado que cremos pode ser de utilidade para o futuro do Clube.

Para rematar gustaríanos deixar constancia, ademais, do sentido do noso voto na Xunta de Accionistas celebrada onte, na que A Branquiazul votou a favor do seu proxecto e non emitiu ningún voto en contra cara ao resto de candidatos, por se dos resultados obtidos puidese interpretarse o contrario.

Grazas por todo.

Unidade, fútbol e rigor.

FORZA DÉPOR!

A Branquiazul